Servizo · Redeseño

A túa web de sempre, sen a vergonza

O que funciona queda. O resto, ao lixo. Renovamos o deseño, a velocidade e os textos sen tirar pola fiestra o que xa che trae clientes.

Que inclúe

Como o facemos.

01

Auditoría sen piedade

Miramos que páxinas che traen visitas, que está roto e que sobra. Con datos, non con opinións.

02

Deseño novo

Unha imaxe actual e coherente coa túa marca. Que quen entre pense «estes van en serio».

03

Sen perder posicións

Mantemos os enderezos que funcionan e rediriximos os que cambian. Google non se entera da mudanza, só da mellora.

04

Máis rápida

Fóra plugins, scripts e capas que non achegan nada. Nótano os teus clientes e nótao Google.

05

Textos a punto

Reescribimos o que soa a folleto de 2009. Máis claro, máis curto, máis teu.

06

Mudanza incluída

Se queres cambiar de aloxamento ou recuperar o control do teu dominio, encargámonos nós.

Sinais de que toca

Tarda en abrir. No móbil vese rara. Dáche reparo pasar a ligazón. Non sabes quen ten os contrasinais. Pagas cada mes por algo que non entendes. Se te recoñeciches en dous ou máis, toca.

O que non imos facer

Non imos tirar ao lixo anos de traballo en Google por un capricho de deseño. Antes de mover nada, sabemos que páxinas son as que che dan de comer, e esas cóidanse coma ouro.

Tanto ten de que web vés

WordPress, Wix, un construtor, unha web feita por un sobriño ou algo que xa ninguén sabe nin que é. Analizámolo, rescatamos o que vale e pasámolo a unha web rápida, ordenada e ao teu nome.

Preguntas

Preguntas sobre isto.

Perderei a miña posición en Google se redeseño a web?

Non ten por que. Conservamos os enderezos que funcionan, rediriximos os que cambian e coidamos títulos e contidos. Ben feito, o normal é mellorar.

Podedes redeseñar unha web feita en WordPress ou Wix?

Si. Analizamos o que hai, aproveitamos os contidos que valen e propoñémosche a mellor forma de refacela.

E se non teño acceso ao meu dominio?

Pasa máis do que parece. Axudámosche a recuperalo e a deixalo ao teu nome.

07 · Tócache

Falamos

Cóntanos que precisas. Respóndeche unha persoa, non un bot con nome de persoa.

info@clicaire.com

Se estamos programando, respondemos en canto compile.