Unha mensaxe clara
O que ofreces, para quen e por que agora. Arriba, sen scroll e sen adiviñas.
Servizo · Landing page
Para lanzar algo, vender algo ou que te chamen. Unha landing fai unha soa cousa e faina moi ben: levar a quen entra ata o botón.
Que inclúe
O que ofreces, para quen e por que agora. Arriba, sen scroll e sen adiviñas.
WhatsApp, chamada, correo, reserva ou formulario. O que funcione para o teu negocio, non o que quede bonito.
Se pagas anuncios, cada segundo de carga é diñeiro tirado. As nosas pesan pouco e abren nun chiscar de ollos.
Preparada para Google Ads ou redes: títulos, imaxe para compartir e medición se a precisas, respectando a privacidade.
Probámola en móbiles reais, con conexión lenta e con présa. Como a vai usar o teu cliente.
No teu dominio ou nun subdominio. Sempre ao teu nome.
Cando tes unha cousa concreta que mover: un produto novo, un servizo de tempada, un evento, unha campaña de anuncios ou unha oferta. Se o que precisas é explicar todo o teu negocio, o teu é unha web de empresa. Se non o tes claro, dicímoscho na primeira conversa.
Quen chega a unha landing vén dun anuncio ou dunha ligazón: ten pouca paciencia e o dedo listo para volver atrás. Unha páxina que tarda en abrir perde xente que xa pagaras por traer. Por iso facémolas lixeiras, sen construtores pesados nin scripts que non achegan nada.
Se a campaña funciona, axustámola co que imos vendo. Se se acaba, retirámola ou convertémola noutra cousa. Nada queda abandonado en internet collendo po.
Preguntas
Unha web explica o teu negocio enteiro e ten varias páxinas. Unha landing é unha soa páxina cun único obxectivo, normalmente para unha campaña ou un lanzamento.
É o máis rápido que facemos: coa mensaxe e o material claros, pode estar en poucos días.
Si. Deixámola lista para Google Ads ou redes sociais, coa medición que precises e sen enchela de rastrexadores innecesarios.
Máis cousas que facemos
07 · Tócache
Cóntanos que precisas. Respóndeche unha persoa, non un bot con nome de persoa.
Se estamos programando, respondemos en canto compile.