Servizo · Mantemento

Alguén ao outro lado do teléfono. Nós

Cambios, copias de seguridade, renovacións e sustos resoltos. A túa web segue viva sen que teñas que pensar nela.

Que inclúe

O que cubrimos.

01

Cambios de contido

Textos, fotos, horarios, prezos ou unha páxina nova. Mándasnolo e cambiámolo.

02

Copias de seguridade

A túa web gardada e lista para volver atrás se algo se torce.

03

Seguridade e actualizacións

Certificado, dependencias e aloxamento ao día. O aburrido, feito.

04

Dominio e renovacións

Vixiamos datas e renovacións para que a túa web non desapareza un luns pola mañá.

05

Vixilancia da velocidade

Revisamos que siga rápida e que Google a siga vendo ben.

06

Unha persoa, non un ticket

Escríbesnos por WhatsApp ou correo e contestámosche nós. Sempre os mesmos.

Por que unha web precisa mantemento

Unha web non é un folleto que se imprime e se esquece. Cambian os teus prezos, os teus horarios e os teus servizos; caducan certificados e dominios; Google cambia as súas regras. Se ninguén se ocupa, a web vólvese vella ou, peor, deixa de funcionar xusto cando máis a precisas.

Webs que fixemos e webs que non

Mantemos as webs que facemos nós e, se encaixa, tamén outras. Antes de comprometernos, revisamos a túa e dicímosche con claridade que se pode manter tal cal e que convén arranxar primeiro.

Sen permanencias raras

Acordamos que inclúe e canto custa, por escrito. Se un día queres marchar, lévalo todo: código, dominio e accesos. Están ao teu nome desde o principio.

Preguntas

Preguntas sobre isto.

Mantedes webs que non fixestes vós?

Se encaixa, si. Primeiro revisámola e dicímosche que hai e que fariamos.

Canto tardades en facer un cambio?

Os cambios pequenos, en canto podemos e sen facerte agardar semanas. Se é urxente, dinolo; se é algo grande, dámosche data.

Hai permanencia?

Non hai letra pequena. Acordamos o servizo por escrito e, se marchas, levas todo o teu.

07 · Tócache

Falamos

Cóntanos que precisas. Respóndeche unha persoa, non un bot con nome de persoa.

info@clicaire.com

Se estamos programando, respondemos en canto compile.