Deseño á medida
Partimos do teu negocio, non dun modelo. A túa web non se vai parecer á da túa competencia (e iso nótase).
Servizo · Web de empresa
O teu negocio explicado á primeira, coas túas fotos de verdade e a túa maneira de falar. Para que quen entre saiba en tres segundos que fas, onde e como pedircho.
Que inclúe
Partimos do teu negocio, non dun modelo. A túa web non se vai parecer á da túa competencia (e iso nótase).
Axudámosche a escribilos ou escribímolos contigo. Claros, curtos e coa túa voz. Nada de «líderes do sector».
Case todos os teus clientes van verte nunha pantalla de seis polgadas. Deseñamos para eles e despois para o resto.
Código propio, imaxes optimizadas e nada que sobre. Puntuacións altas nas probas de Google, non promesas.
Títulos, descricións, datos estruturados, mapa do sitio e ficha de Google conectada. O que fai falta para que te atopen.
Dominio, aloxamento, código e textos. Se un día nos deixas, lévalo todo. Sen reféns.
Para negocios que teñen algo que contar e non queren parecer un máis: comercios, despachos, talleres, clínicas, restaurantes, profesionais pola súa conta. Se a túa web actual che dá vergonza, ou directamente non tes, estás no sitio axeitado.
Non facemos webs para impresionar a outros deseñadores. Facémolas para que te chamen, che escriban ou veñan verte.
Primeiro falamos: que vendes, a quen e que ten que pasar cando alguén entra. Despois ensinámosche un bosquexo, antes de escribir unha liña de código. Cambiar aí sae barato.
Logo deseñamos e programamos á man. Ves os avances nunha ligazón privada. Cando está lista, publicámola, conectamos o teu dominio, damos de alta a web en Google e comprobamos que voa.
Nin modelos de saldo, nin carruseis que non mira ninguén, nin ventás pedíndoche o correo no primeiro segundo, nin fotos de banco de imaxes de xente dándose a man. Tampouco cookies de seguimento que non precisas nin un panel cheo de botóns que nunca vas tocar.
Preguntas
Depende de cantas páxinas, idiomas e funcións precises. Falamos, definimos o alcance e pasámosche un orzamento por escrito antes de comezar. Se o proxecto medra, falámolo antes. Sen cotas que medran soas.
Unha web de empresa sinxela adoita estar nunhas semanas; depende sobre todo de canto tardemos en ter textos e fotos. Dámosche unha data ao comezar e cumprímola ou avisámoste antes.
Facémolas nós. A fotografía e o vídeo son a outra metade da casa: almenar.info.
Se o precisas, deixámosche unha forma sinxela de cambiar o que cambia a miúdo. Se prefires non tocar nada, escríbesnos e facémolo nós.
Máis cousas que facemos
07 · Tócache
Cóntanos que precisas. Respóndeche unha persoa, non un bot con nome de persoa.
Se estamos programando, respondemos en canto compile.